Aspectos suprasegmentais

Ao contrario que moitas das súas linguas veciñas, o indonesio non é unha lingua tonal.

A maioría dos autores afirman que a posición habitual do acento é a penúltima sílaba, a menos que conteña un /ə/. Nese caso, o acento pasaría á última sílaba.

Vogais

 AnteriorCentralPosterior
Pechadai u
Mediaeəo
Aberta a 

Cando van en sílaba final pechada, as vogais /i, e, o, u/ adoitan abrir e realizarse como [ɪ, ɛ, ɔ, ʊ]. O mesmo acontece na penúltima sílaba se esta precede a unha sílaba final pechada e as vogais das dúas coinciden en grao de abertura.

En sílabas abertas, o indonesio tamén posúe os ditongos /ai/, /au/ e /oi/. Porén, en sílabas pechadas (como air "auga"), as dúas vogais pronúncianse coma un hiato. Ademais, hai certos dialectos de Indonesia nos que os ditongos /ai, au/ se confunden con /e, o/, respectivamente.

Consoantes

 LabialAlveolar(Pre)palatalVelarGlotal
 xor.son.xor.son.xor.son.xor.son.xor.son.
Nasal m n ɲ ŋ  
Oclusivapbtd  kgʔ 
Africada    ʧʤ    
Fricativa(f) s(z)(ʃ) (x) h 
Lateral   l      
Vibrante   r      
Aproximante w   j    

Nota: as consoantes entre parénteses son empréstitos fonéticos e, en consecuencia, só están presentes en palabras de orixe estranxeira.

Outros datos relevantes:

  • Cando /k/ está en posición final na sílaba, convértese nunha oclusiva glotal /ʔ/ tanto a metade (p. ex., bakso "albóndigas") como a final de palabra (p. ex., bapak "pai"). Nisto parécese ao inglés, que posúe dialectos onde o /t/ glotaliza (p. ex., get ['geʔ] e water [ˈwɔːʔə] )
  • O fonema /t/, ao igual que linguas como o galego e o castelán, ten unha realización dental.
  • A letra <c> pronúnciase /tʃ/, que sería equivalente ao dígrafo <ch> en galego (p. ex., kucing /kutʃiŋ/ "gato").

Se desexa escoitar exemplos da realización de cada un dos fonemas, pode consultar esta guía de pronuncia.

Sistema de escritura

O alfabeto indonesio consta de 26 letras, repartidas en 21 consoantes e 5 vogais. Se o comparamos co galego, o indonesio non emprega a letra <ñ>, pero si utiliza o <j>, o <k> e máis o <y>. A continuación, amósase unha táboa co alfabeto indonesio e a correspondencia fónético-fonolóxica de cada grafema segundo o Alfabeto Fonético Internacional (AFI):

GrafemaAFIGrafemaAFI
<A, a>/a/<N, n>/n/
<B, b>/b/<O, o>/o/
<C, c>/tʃ/<P, p>/p/
<D, d>/d/<Q, q>/k/
<E, e>/e/<R, r>/r/
<F, f>/f/<S/s>/s/
<G, g>/g/<T/t>/t/
<H, h>/h/<U/u>/u/
<I, i>/i/<V/v>/v/
<J, j>/dʒ/<W, w>/w/
<K, k>/k/<X, x>/ks/
<L, l>/l/<Y, y>/j/
<M, m>/m/<Z, z>/z/