Interrogativas específicas

As preguntas específicas son aquelas que non se poden responder cun "si" ou un "non", senón que procuran unha información concreta. Para construír este tipo de preguntas o indonesio bota man dun feixe de partículas interrogativas:

  • apa = "que"
  • siapa = "who"
  • (di/ke/dari) mana = "a/para/desde onde"
  • (yang) mana = "cal"
  • kapan, bila = "cando"
  • apabila, bila(mana) = "cando"
  • bagaimana = "como"
  • berapa = "cantos"
  • keberapa = "que número"
  • mengapa, kenapa = "por que"
  • untuk apa = "por que", "para que"

No tocante á estrutura sintáctica, cómpre sinalar que non se cambia a orde de palabras. Cando as partículas interrogativas fan a función de obxecto, sitúanse detrás do verbo, exactamente igual ca nas oracións declarativas:

Andamembacaapa?
Tileerque
SVO
= "Que lees (ti)?"

Pola contra, cando non hai verbo (cf. cláusulas atributivas), a partícula interrogativa intercambia a súa posición co suxeito:

Siapadia
Quenel
AtribS
= "Quen é (el)?"

Interrogativas de "si" ou "non"

O máis habitual é que este tipo de construcións interrogativas só estean marcadas por unha entoación final ascendente (fronte ao patrón entoativo descendente das declarativas). Non varía a orde de palabras e non é preciso introducir ningunha marca de interrogativa. Nos seguintes exemplos podemos ver como non hai diferenzas de carácter morfosintáctico:

Diaguru
Elprofesor
SAtrib
= "El é profesor"
Diaguru?
Elprofesor?
SAtrib
= "El é profesor?"

En contextos formais e na escrita tamén se pode colocar diante a partícula apa ou apakah para marcar o enunciado como claramente interrogativo. Non obstante, é preciso sinalar que apa(kah) non ten a mesma función aquí ca nas interrogativas específicas, posto que carece de significado léxico:

Apakahdiaguru?
 elaprofesora
INTSAtrib
= "É ela profesora?"

Por último, bukan (formal) e ya (informal) empréganse ao final da oración para pedir confirmación ou unha mostra de conformidade por parte do receptor da mensaxe. O seu uso é equivalente á construción galega "non si?":

Saudaramahasiswa,bukan?
Tiestudantenon si?
SAtribINT
= "(Ti) es estudante, non si?"
Srisudahpulang,ya?
Ela-ir a casanon si?
SPERFVINT
= "Sri marchou a casa, non si?"

Interrogativas con -kah

O sufixo -kah emprégase opcionalmente tanto nas interrogativas específicas como nas preguntas de "si" ou "non" para marcar abertamente que se trata dunha interrogativa. Aínda que hai determinadas excepcións, normalmente vai ligado á primeira palabra do enunciado:

Jatuhkahdia?
Caer-kahela?
V-INTS
= "Caeu (ela)?"
Siapakahdia?
Quen-kahel
Atrib-INTS
= "Quen é (el)?"