Voz en indonesio

No indonesio existen dúas voces para expresar as diferenzas de diáteses. Esas voces son a activa e a pasiva. Na voz pasiva distínguense varios tipos de diátese, como poderemos observar embaixo.

1. Para formar a voz activa,

O suxeito expresa a persoa ou cousa da que se quere falar seguido dun verbo en forma activa. En indonesio os verbos transitivos activos son acompañados do prefixo men-:

MerekasudahmenjemputTomo.
PRONAUXVN
EleshaberatoparTomo
= "Eles atopáronse a Tomo"
Kepalakantormenyeratikamitugasitu.
NNVPRONNDEM
Xefeoficinaentregounostarefaesta
= "O xefe da oficina entregounos esta tarefa."

2. Para formar a pasiva,

céntrase a atención no participante obxecto da activa e transfórmase en suxeito seguido dunha forma verbal en pasiva (e o suxeito da activa pasa a paciente da pasiva). Esa forma verbal vai precedida polo prefixo di- (marca de pasiva):

Tomosudahdijemputolehmereka.
NAUXPAS+VPREPPRON
Tomofoiatopadoporeles
= "Tomo foi atopado por eles."
Kamidiseratikepalakantortugasitu.
PRONPAS+VNNNDEM
Nosfoi entregadadirectoroficinatarefaesta
= "Foinos entregada polo director de oficina esta tarefa."
  • A pasiva en indonesio ten dúas formas de expresión. A escolla dunha das dúas formas vén determinada polo actante:
  1. A Pasiva 1

Neste tipo de pasiva temos o actante en terceira persoa (pronomes dia ou mereka, ou un substantivo). Tamén se usa esta pasiva se ningún actor é expresado. O axente singular en terceira persoa pode ser expresado por pronome dia ou o enclítico -nya. Poden ser precedidos, opcionalmente, por oleh (por):

Saya dijemputnya./ Olehnya. //// Saya dijemput dia./ Oleh dia.
lit. Fun encontrado por el

A preposición Oleh é sempre opcional excepto cando o axente non segue inmediatamente ó verbo. A correspondente pasiva 1 dunha clásula activa é a seguinte:

Suxeito (actor)+ meN-verb+ Obxecto (paciente)
Diamenjemputsaya.
PRONVPRON
Elencontroume
= "El encontroume."
Suxeito (paciente)+ di-verb+ (oleh)+ Axente (actor)
Sayadijemputolehdia.
PRONPAS+VPREPPRON
Eufun encontradoporel
= "Eu fun encontrado por el."
  1. B Pasiva 2

Temos un axente que é un pronome ou un substituto dun pronome. A frase axentiva vén antes do verbo, o cal non ten un prefixo. A estrutura de tipo pasivo dous é así: ''' Suxeito (paciente) + Axente (actor) + Verbo''' O exemplo seguinte mostra a relación entre unha cláusula activa e unha cláusula de tipo pasivo 2:

Suxeito (paciente)+ Axente (actor)+ Verbo
Kamimenjemputdia.
PRONVPRON
Nósatoparel
= "Nós atopamos a el."
Diakamijemput.
PRONPRONV
Nóselatopar
= "El foi encontrado por nós."

Na lingua falada, a voz pasiva permite a omisión do suxeito e/ou do obxecto (elisións do nome ou do pronome) e benefician ó falante de dous xeitos:

1) Engade un sentido de cortesía ó preguntar.

Por exemplo, unha asistenta amable nunha tenda debe evitar o uso de pronomes:
Elipses do pronome (Suxeito e Obxecto): Bisa dibantu? // Inglés literal: Can + to be helped? // Inglés correcto: Can (I) help (you)?

2) Cando o suxeito non se sabe, non é importante ou se insinúa polo contexto.

Por exemplo, un amigo podería preguntarche cando compraches a túa propiedade, ao cal poderías responder:
Elipses do pronome (Suxeito implícito): Rumah ini dibeli lima tahun yang lalu // Inglés literal: House this + to be purchased five year(s) ago // Inglés correcto: The house was purchased five years ago.

Transitivización

A transitivización en indonesio márcase co prefixo men- (que tamén serve para distinguir activa de pasiva). Non obstante, tamén se observa un tipo de transitivización distinta co engado do sufixo -kan (repercute na orde dos participantes do predicado).

  • Transitivización con -kan: Con moitos verbos, a función de -kan é identificar tanto ó obxecto como ó paciente da acción.

Tendo dous participantes no predicado, -kan marca a un obxecto como paciente e ó outro como beneficiario.

Con tódolos verbos non benefactivos -kan marca o obxecto como o paciente da acción. Con algúns verbos este participante tamén pode ser considerado como o instrumento (exemplos):

Diamemukulanjingdengantongkat.
PRONVNPREPN
Elgolpeacanconpau
= "El golpea o can cun pau."
Diamemukulkantongkatpadaanjing.
PRONVNPREPN
Elgolpeapauencan
= "El utilizou o pau para golpear ao can."|
  • Cun grupo de verbos -kan indica que o obxecto é o beneficiario, a persoa pola que o beneficio da acción é feito (-kan benefactivo).

Tódolos verbos que poden ser armados con -kan benefactivo posúen dous obxectos. O inmediatamente seguido ó verbo é o primario (que identifica ó beneficiario), e o seguinte, o secundario (que indica o paciente).

Pelayanmengambilsegelas+ air.
NVNUM+NN
Camareirofoi buscarun vasoauga
= "O camareiro foi buscar un vaso de auga."

Agora coa engado de -kan:

Pelayanmengambilkantamusegelasair.
NVNNN
Camareirofoi buscarhóspedeun vasoauga
= "O camareiro foi buscar o hóspede un vaso de auga."
Diamenjahitkanrok.
PRONVN
Elacoseusaia
= "Ela coseu unha saia."
Diamenjahitkananaknyarok.
PRONVNN
Elacoseuseu nenosaia
= "Ela coseu o seu neno unha saia."
  • Causativo: Se a base é un adxectivo o obxecto é modificado para ter a característica especificada pola base. Se a base é un adxectivo o obxecto é causado para ter

a calidade ou característico especificado pola base. Así membersihkan significa 'obxecto de causa para ser limpo'

Kamarinisudahbersih.
NDEMCOPADX
Cuartoesteestálimpo
= "Este cuarto está limpo."
Sitisudahmembersihkankamarini.
NAUXVNDEM
Siti limpoucuartoeste
= "Siti limpou este cuarto."
  • i:

O sufixo -i ten dúas funcións importantes: para indicar que o obxecto é a localización da acción, e para indicar acción repetida. Cando o sufixo -i aparece cun final de base en 'i' os sons fusionan a un: beri + -i > beri

  • (aplicativo) locativo a función máis común de -i é para indicar que o obxecto é o sitio onde a acción ocorre ou a persoa ou sitio ao cal a acción é dirixida.

Outros verbos con bases de substantivo e sufixo -i con esta función inclúe:

mengilhami (inspirar)// mewawancarai (entrevistar)
melukai (ferir)// menangani (emprender)
meracuni (envelenar)// mengampuni (esquecer)
mengakhiri (finalizar)

Estruturas topicalizadas/tematizadas.

Unha estrutura topicalizada contén unha compoñente nuclear extra, o tema ou tópico. A topicalización úsase para destacar unha frase nominal particular. Esta frase tírase da cláusula principal e sitúase antes dela, marcando o tópico/tema, quedando o resto da cláusula como comentario do tema. O tema tómase a partir da marca -nya. Hai dous tipos de topicalización:

  • Topicalización do posuídor

Esta construción que consiste nunha cláusula cuxa frase nominal (suxeito) contén un posuidor. O posuidor é colocado antes da cláusula, e o tema márcase con -nya.

NamasopirituPakAli.
NNDEM?N
Nomecondutoraquel?Alí
= "O nome daquel condutor é Ali."
SopiritunamanyaPakAli.
NDEMN?N
Condutoraquelnome?Alí
= "Respecto daquel condutor, o seu nome é Ali."

O posuidor, sopir itu (aquel condutor), devén o tema (marcado por -nya). En plural o tema mantén a mesma marca:

Merekaadiknyadipanggilpolisi.
PRONNPAS+VN
Elesirmánfoi chamadopolicía
= "(En canto a eles) o seu irmán foi chamado pola policía."
  • Topicalización/tematización do obxecto

Estas estruturas derivan de cláusulas transitivas activas. O obxecto da cláusula vai á fronte como tema, mentres o seu sitio após o verbo é tomado por -nya. A primeira cláusula de embaixo é unha construción activa básica e o segundo é a topicalización do obxecto na cláusula derivada:

Sayabelummenerimasuratitu.
NADVVNDEM
Euaínda nonrecibíncartaesa
= "Non recibín esa carta aínda."
Suratitu,sayabelummenerimanya.
NDEMPRONADVV
Cartaaquelaeuaínda nonrecibín
= "Respecto daquela carta, aínda non a recibín."