Modificadores nominais

Un nome pode ir acompañado doutro nome (modificador nominal). Un modificador nominal dálle máis especificidade informativa ó núcleo do sintagma. O modificador nominal indica distintas características do núcleo do sintagma (de qeu está feito, de onde forma parte...). A orde é nome+modificador.

tokobuku
NMOD
tendalibro
= "Librería"
gurubahasa
NMOD
profesorlingua
= "Profesor de lingua"

Ningunha palabra pode ir entre o nome e o modificador nominal. Calquera palabra que poida ir despois do modificador, refírese ó núcleo substantivo e non ó modificador.

tokobukuyangbesar.
NMOD(enfático)*ADX
tendalibroXgrande
= "unha gran librería"

*Vid. Adxectivos (infra.)

Unha excepción é que algúns modificadores nominais poden ter eles mesmos un modificador. No seguinte exemplo a palabra bis 'bus', ten o seu propio modificador, kota 'cidade'.

awakbiskota
NMODMOD
tripulantesbuscidade
= "tripulantes do autobús urbano"

Nalgúns casos o modificador nominal debe ser en si mesmo modificado, isto é, a frase sería incompleta se só estivese constituído por núcleo máis modificador. Nestes casos, o modificador é a base nominal peN- dun verbo transitivo, e o modificador refírese ó obxecto do verbo correspondente.

  • menulis escribir : penulis escritor.

Adxectivos

Os adxectivos nas frases nominais. Un adxectivo vai inmediatamente despois do núcleo substantivo (é un modificador nominal).

rumahbesar
NADX
casagrande
= "Casa grande"

Os adxectivos van con frecuencia precedidos por yang. Aínda que en si se trata dunha cláusula relativa, dada a súa frecuencia ímolos tratar aquí. O yang introduce un valor enfático para o adxectivo (ex. supra). Cando se traat dun nome e dun adxectivo que forman unha palabra composta, yang non pode aparecer:

  • rumah sakit: hospital
  • imigran gelap: inmigrante ilegal

Adxectivos coordinados deben ir precedidos por yang:

anakyangrajindanpandai.
NRELADXenlaceADX
neno(coord)traballadoreintelixente
= "O neno traballador e intelexente (que literalmente tamén podería ser 'O neno que é traballador e intelixente')."

Unha secuencia de máis de dous adxectivos normalmente require o uso de dan (enlace copulativo), só antes do último adxectivo.

wanitayangcantik,periangdancerdas.
NRELADXADXenlaceADX
Muller(que é)fermosaalegreeintelixente
= "A muller (que é) fermosa, alegre e intelixente."

Cláusulas relativas

(no apartado sobre estruturas complexas)