No Wolof hai 8 clases de nomes, que determinan a consoante inicial dos determinantes (artigos, demostrativos e interrogativos).

Exemplos das oito clases nominais :

Clase Singular Plural
1 b- xale bi "o neno" xale yi "os nenos"
2 g- kër gi "a casa" kër yi "as casas"
3 s- suuf si "a area" suuf yi "as areas"
4 l- ngelaw li "o vento" ngelaw yi "os ventos"
5 m- rééw mi "o país" rééw yi "os paises"
6 i- jigéén ji "a muller" jigéén' ñ'i "as mulleres"
7 w- waañ wi "a cociña" waañ yi "as cociñas"
8 k- nit ki "a persoa" nit ñi "as persoas"

En xeral, nas linguas da familia níxer-congo as clases nominais tiñan orixinalmente unha motivación semántica; pero ésta perdeuse case por completo no wolof. O factor máis relevante para determinar a clase dun nome é a súa consoante inicial:

O nome comeza por: Clase: Exemplo:
nd-, ng-, c- L- Ngelaw li "o vento"
s- S- Safara si "o lume"
k-, g- G- Ganaar gi "o polo"
j-, c- J- Jámm ji "a paz"
w-, f-, y- W- Warga wi "o te"

Alén disto, obsérvanse algúns restos da motivación semántica das clases nominais: a maioría dos nomes propios teñen como clase m- (Falu mi, Jim mi,...) e os países, estados e cidades teñen como clase g- (Amerik gi, Ndakar gi,...), igual que moitos nomes de plantas (mango gi "o mango"), os termos de parentesco entran na clase j- (jëkkër ji "a esposa"), os diminutivos na clase s-, etc...

No plural, o ñ- serve para nomes referidos a persoas, homes ou mulleres, mentres van con y- os restantes nomes, referidos a nenos, estudantes, animais, obxectos, etc...

Hai palabras que se poden empregar con varias clases, o que fai que cambie o seu significado. Por exemplo:

Ndaw gi "a xuventude"
Ndaw li "o mensaxeiro"


Grupo de Tipoloxía Lingüística: wolof (Universidade de Vigo)
Última modificación da páxina 13 April 2009 ás 12h16, por JMGM