En wolof o número e persoa do suxeito exprésanse principalmente por medio dos auxiliares ou 'conxugacións'.
Para referirse as persoas do discurso (falante, oínte, outros) existen tamén pronomes pronomes persoais enfáticos, clíticos obxecto e determinantes posesivos.
Pronomes persoais
Existen pronomes persoais independentes e pronomes persoais obxecto.
Pronomes persoais independentes
| 1sg | man | eu |
| 2sg | yow | ti |
| 3sg | moom | el |
| 1pl | ñun | nós |
| 2pl | yeen | vós |
| 3pl | ñoom | eles |
Úsanse só con carácter enfático ou contrastivo. Por exemplo:
| Man, | Ndakar | laa | joge | |
| Eu | Dakar | AuxL.1SG(eu) | vir | |
| "Eu veño de Dakar" | ||||
Pronomes persoais obxecto
| 1sg | ma | me |
| 2sg | la | te, che |
| 3sg | ko | o, a, lle |
| 1pl | ñu | nos |
| 2pl | leen | vos |
| 3pl | leen | os, as, lles |
Colócanse normalmente tras o auxiliar (despois do verbo no imperativo que non leva auxiliar). Exemplos:
| Ubbi | ko! | |
| abrir | 3SG.OBX(=a) | |
| ábrea! | ||
| jángal | na | ñu | wolof | |
| ensinar | AuxN.3SG(=el) | 1PL.OBX(=nos) | wolof | |
| "Ensinounos wolof" | ||||
Se o pronome obxecto vai entre o auxiliar e o verbo, toma o morfema de aspecto imperfectivo -y:
| yeena | ngi | ko-y | jáng | |
| 2PL(=vós) | PRESTT | 3SG.OBX(=o)-IMPERF | estudar | |
| "Estádelo estudando" | ||||
Posesivos
| sg | pl | |
| 1sg | sama/suma | samay/sumay |
| 2sg | sa | say |
| 3sg | ...-am | ay ...-am |
| 1pl | suñu | suñuy |
| 2pl | seen | seeni |
| 3pl | seen | seeni |
Exemplos:
Sa kër "a túa casa"
Samay doom "os meus fillos"
yaayam "o seu pai"
