Coordinación
A coordinación en wolof exprésase a través de conxuncións. A coordinación nominal é distinta da coordinación entre oracións e emprega distintas marcas.
Para a coordinación nominal emprégase a conxunción ak:
| Suso Vilas | ak | ay gan - am |
| Suso Vilas | e | PL invitado POS3Sg |
| "Suso Vilas e os seus invitados" | ||
Mentres que para coordinar cláusulas emprégase a conxunción te:
| Samay | xarit | dañu | bëgg | xaalis | te | bëgg - uñu | liggéy |
| POSPl 1Sg | amigo | AUX DA3Pl | querer | diñeiro | e | querer AUX-u3PL | traballar |
| "(Os) nosos amigos queren diñeiro e non queren traballar" | |||||||
Hai outras conxuncións que expresan distintos matices; son as seguintes:
- wànte / waaye: adversativo ("pero")
- walla: disxuntivo ("ou")
- kon: consecutivo ("así que")
- ndaxte (ndax): causal ("porque")
Cláusulas completivas
SE unha cláusula é complemento dun verbo a conxunción subordinante completiva en wolof é ne, que se emprega fundamentalmente con verbos de opinión:
| yaakaar | naa | ne | war | naa | liggéy | lool |
| pensar | AUX NA1Sg | conx | deber | AUX NA1Sg | traballar | moito |
| "Penso que debo traballar moito" | ||||||
Construcións condicionais
En wolof hai tres tempos condicionais: o condicional presente, o condicional pasado recente e o condicional remoto.
O condicional presente fórmase seguindo esta estrutura: Su ma / Bu ma + verbo rematado en consonante + ee
| su ma / bu ma + verbo + ee | 1sg | "se eu / cando eu" |
| soo/ boo + verbo + ee | 2sg | "se ti / cando ti" |
| su / bu + verbo + ee | 3sg | "se el / cando el" |
| su nu / bu nu + verbo + ee | 1pl | "se nós / cando nós" |
| soo leen / boo leen + verbp + ee | 2pl | "se vos / cando vos" |
| su ñu / bu ñu + verbo + ee | 3pl | "se eles / cando eles" |
O condicional ten dúas interpretación semánticas posibles: como temporal ("cando") e como hipótetico ("se").
En canto ós verbos rematados en vogal, prodúcese unha asimilación entre esta vogal e o sufixo condicional -ee:
| VOGAL FINAL | ASIMILACIÓN |
| - i/e | ee |
| - a | aa |
| - o/u | oo |
Un exemplo de condicional presente sería o seguinte:
| bu ma | lekk - ee | yápp, | dinaa | suur |
| COND | comer COND | carne | aux DI 1Sg | saciado |
| "se como carne, estarei saciado" | ||||
Dentro do condicional pasado, o wolof distingue entre un pasado recente e un pasado remoto. De manera similar ás vogais -a e -i dos clasificadores, as partículas bi ma marcan o pasado recente e ba ma o pasado remoto. A estrutura é: bi ma / ba ma + verbo + ee
| bi ma | dem - ee | Senegal, | gis | naa | Falu |
| COND REC | ir COND | Senegal | ver | AUX NA 1Sg | Falu |
| "Cando eu fun a Senegal, vin a Falu (hai pouco tempo)" | |||||
| ba ma | dem - ee | Senegal, | gis | naa | Falu |
| COND REM | ir COND | Senegal | ver | AUX NA 1Sg | Falu |
| "Cando fun a Senegal, vin a Falu (hai tempo)" | |||||
