Sistema vocálico

O wolof distingue 9 vogais breves ou normais e 7 vogais longas
Nótese que a oposición entre vogais longas e breves é fonolóxica e permite diferenciar pares mínimos (isto é, palabras diferentes que se distinguen só por un fonema):

  • nit “persoa” -- niit “iluminar” ;
  • res 'fígado' -- rees 'dixerir'

Vogais breves

(á esquerda o grafema usado na escrita convencional, á dereita o símbolo correspondente no Alfabeto Fonético Internacional)

ANTERIORES CENTRAIS POSTERIORES
PECHADAS i [i] u [u]
SEMI-PECHADAS é [e] ë [ə] ó [o]
SEMIABIERTAS e [ɛ] o [ɔ]
ABERTA a [a]

Vogais longas

ANTERIORES CENTRAIS POSTERIORES
PECHADAS ii [i:] uu [u:]
SEMI-PECHADAS ée [e:] óo [o:]
SEMIABIERTAS ee [ɛ:] oo [ɔ:]
ABERTA aa [a:]

Sistema consonántico

En wolof hai consoantes simples ou débiles, consoantes dobres ou fortes, e consoantes prenasalizadas. Estas últimas escribense en dúas letras, pero se trata dun só fonema con lixeira resonancia nasal ao iniciar a súa pronunciación.

LABIAIS ALVEOLARES PALATAIS VELARES
Oclusivas p           b t           d c           j k           g
Prenasalizadas mp        mb nt        nd ñc        ñj nk        ng
Nasais m n ñ ŋ
Fricativas (xordas) f s x
Lateral l
Vibrante r
Semiconsoantes w y

Coas consonantes oclusivas, nasais, lateral e semiconsoantes é distintiva a oposición entre consoantes débiles e fortes, como o proba a existencia de pares mínimos como os seguintes:

  • nit “persoa” – nitt “aclarar”;
  • gëm “crer” – gëmm “pechar os ollos”


Grupo de Tipoloxía Lingüística: wolof (Universidade de Vigo)
Última modificación da páxina 12 February 2009 ás 19h51, por JMGM