Modificación nominal

Fórmula: N-u + N

Cando un nome é modificado ou complementado por outro, engádeselle ao primeiro un sufixo relacional (neste contexto, máis ou menos equivalente á nosa preposición de): -u en singular, e -i en plural. A orde de constituíntes é NUC + MOD

bunt-u kër
porta-REL casa
="a porta da casa"
xarit-i Ibrahima
amigo-REL.PL Ibrahima
="os amigos de Ibrahima"

Algunhas palabras como kër poden prescindir opcionalmente dese sufixo relacional

ci kër Omar
en casa Omar
="na casa de Omar"

Construcións relativas

En wolof non existen adxectivos como tales, senón que gramaticalmente son como os verbos. Podemos expresar propiedades ou accións das que participan os nomes mediante a construción relativa:

Fórmula: N CL-u V

Isto é, o nome vai seguido do artigo co prefixo de clase e o sufixo relacional -u e despois o verbo de estado (equivalente os nosos adxectivos) ou o verbo de acción. Por exemplo:

dama bëgg piis bu xonq
DA.1sg querer tela CL-REL vermello
='Quero unha tela vermella'
xam na xale bu dem Lisboa
coñecer NA.3sg neno CL-REL ir Lisboa
='Coñece un neno que foi a Lisboa'
Jigéén ju jël téére bi Fatu la tudd
muller CL-REL coller libro ART Fatu 3sg chamarse
“A muller que colleu o libro chámase Fatu”


Se o nome cualificado é definido podemos engadir ao final o artigo ou o demostrativo

dama bëgg piis bu xonq bi
DA.1sg querer tela CL-REL vermello ART
='Quero a tela vermella'
Jigéén ju rafet jii Fatu la tudd
muller CL-REL bela DEM Fatu 3sg chamarse
“Esta bela muller chámase Fatu”


Alternativamente, con verbos de acción ou verbos de estado transitivos, se o nome é definido podemos unilo ao verbo mediante o artigo con -i

xam na xale bi dem Lisboa
coñecer NA.3sg neno CL-i ir Lisboa
='Coñece o neno que foi a Lisboa'
Nanu dem ci dëkk bi nga xam
Obrig.1PL ir a vila CL-i 2Sg coñecer
='Temos que ir á vila que coñeces'


Grupo de Tipoloxía Lingüística: wolof (Universidade de Vigo)
Última modificación da páxina 12 April 2009 ás 21h04, por JMGM