Orde na cláusula

A orde habitual dos constituíntes en wolof, nas cláusulas non marcadas é:

Suxeito-Verbo-Obxecto (SVO)

Falu lekk na ceeb bi
Falu comer AUX(NA).3Sg arroz ARTsg
"Falu come o arroz"

A única excepción para esta orde dase no caso de querer enfatizar o complemento. Neste caso a orde é:

Complemento + Auxiliar LA + Suxeito + Verbo (OSV)

Wolof laa jáng
wolof AUX(LA)1sg estudiar
"Wolof é o que estudiei"
Jangalekat la nit kooku seet-i
profesor AUX(LA)3sg persoa esa ver-DIR
"Ao profesor foi a quen veu ver esa persoa"

Orde no predicado

O predicado consta de tres elementos básicos: o verbo léxico, o auxiliar e os pronomes clíticos.

Os auxiliares (que expresan o aspecto, a persoa do suxeito e a focalización) e os clíticos adoitan estar antepostos ó verbo léxico:

maa ko naan
AUX(A).1sg OBX.3sg beber
"Eu béboo"

Coas formas en NA, o auxilar e o clítico aparecen pospostos ó verbo léxico:

naan naa ko
beber AUX(NA)1sg OBX.3sg
"Béboo"

Como clíticos, poden aparecer tanto o obxecto como os pronomes locativos; os dous aparecen pospostos ós auxiliares.
O marcador imperfectivo aparece xunto ó obxecto ou ó pronome locativo.

Orde na frase nominal

A frase nominal está formada polo sustantivo principal (Núcleo) e os seus complementos (Modificadores), ademáis de determinadores (DET). Todos os modificadores seguen ao núcleo (orde NUC + MOD):

xarit-i Ibrahima
amigo-REL.PL Ibrahima
="os amigos de Ibrahima"

En cambio, a orde dos determinantes depende do tipo de determinador.

Artigos definidos e demostrativos seguen ao nome (Orde N + DET)

  • N + marcador definido

Os demostrativos poden preceder ou seguir ao nome

  • N + demostrativo
  • demostrativo + N
xarit bii
N sust DEM
amigo este

Outros determinantes sitúanse ao comezo da frase nominal (Orde DET + NUC)

  • marcador indefinido + N
  • interrogativo + N
  • posesivo + N
  • numeral + N
sama xarit
POS.1sg N sust
meu amigo






Grupo de Tipoloxía Lingüística: wolof (Universidade de Vigo)
Última modificación da páxina 13 April 2009 ás 18h03, por JMGM