Interrogación total
A interrogación total (a que espera unha resposta si ou non) indícase no wolof pola entonación e opcionalmente polas partículas interrogativas mbaa...? (coa que o falante desexa unha resposta positiva), xanaa? (o falante cre que a resposta vai ser positiva) e ndax...? (que non prexulga a orientación da resposta). Para a resposta temos waaw "si" e déedéet "non"
| Ndax | dégg | na | wolof? | |
| INT | entender | NA.3sg(=el) | wolof | |
| ¿entende wolof?(¿si ou non?) | ||||
| Danga | jeex . | Xanaa | danga | feebar ? | ||
| AuxD.2SG(=ti) | adelgazar | INT | AuxD.2SG(=ti) | enfermo | ||
| "Estás máis delgado. ¿Estiveches enfermo? (--> iso é o que me parece a min) | ||||||
| Waaw, | dama | feebaroon | |
| Si, | AuxD.1sg(=eu) | enfermo-PAS | |
| "Si, estiven enfermo" | |||
| Mbaa | yaa ngi | tane ? | |
| INT | 2SG(=ti) AuxNGI | mellor | |
| "¿Estás mellor? (--> é o que desexo)" | |||
| Maa ngi | sant | Yàlla | |
| 1SG(=eu) AuxNGI | agradecer | Deus | |
| "(Si,) dou grazas a Deus" | |||
Interrogación parcial
A interrogación parcial (as preguntas sobre un elemento particular) van introducidas por pronomes ou adverbios interrogativos.
Os pronomes interrogativos están formados por consoante de [[clase] + -an ou -u. Con carácter xeral, úsanse kan para preguntar por unha persoa (no plural, ñan), lan para preguntar por unha cousa ou unha cualidade, e fan para preguntar por un lugar:
| - Kii, kan la? | "este, quen é?" | |
| - Lii, lan la? | "isto, qué é?" | |
| - Kii, lan la? | "este (home), qué é?" | |
| - Fii, fan la? - Fii Senegaal la | "este sitio, cal é? Isto é Senegal" |
| - Ñii | ñan | la-ñu? | - Ñii | sama-y | xarit | la-ñu | |
| - Estes | quen-PL | LA-3PL(=eles) | - Estes | meu-PL | amigo | LA-3PL(=eles) | |
| - "Quen son estes?" - "Estes son meus amigos" | |||||||
Existen, ademáis, outros adverbios interrogativos:
| nan / naka / na | "cómo" |
| kañ | "cando" |
| ñaata | "canto" |
| ana | "onde" |
Exemplos:
| Ana | sa-y | xarit ? | |
| Onde | teu-PL | amigo | |
| "onde están os teus amigos?" | |||
| Kañ | nga | ñow ? | |
| Cando | 2SG(=ti) | vir | |
| "cando viñeches?" | |||
| Ñaata | la-y | jar ? | |
| canto | 3SG-IMP | costar | |
| "canto custa?" | |||
| Ñaata | la | ||
| canto | 3SG | ||
| "canto é?" | |||
Os determinantes interrogativos fórmanse coa consoante de clase nominal máis -an e poden colocarse indistintamente antes ou despois do nome
| xale ban ? / ban xale ? | "qué neno?" | ||
| garab gan ? / gan garab ? | "qué árbore?" |
