En wolof, para formar o modo imperativo empréganse os sufixos al para o singular (coas variantes ël, -l) e -leen para o plural. Exemplos:

Dem ir
Demal: vai!
Demleen: ide!

Jáng: estudar
Jángal: estuda!
Jángleen: estudade!

Ubbi: abrir
Ubbil: abre
Ubbileen: abride

En caso de que o imperativo vaia seguido dun pronome personal obxecto (ma, la, ko, nu, leen), non se emprega os sufixo -(a)l.

Ubbi ko
Abrir 3SG.OBX(=o)
ábreo

Jotali ma
dar 1SG.OBX(=me)
dame




Grupo de Tipoloxía Lingüística: wolof (Universidade de Vigo)
Última modificación da páxina 21 May 2009 ás 17h41, por JMGM