Os predicados do wolof marcan número e persoa do suxeito nun Auxiliar que, ademáis, indica aspecto verbal (perfectivo ou imperfectivo), e serve para enfatizar diferentes constituíntes da cláusula. Existen varias series de auxiliares (chamadas 'conxugacións') que se usan para enfatizar diferentes elementos da predicación:
NA: Perfectivo non enfático
É a conxugación usada cando non se quere enfatizar nada en particular. Ten significado perfectivo ou resultativo.
Neste caso, o auxiliar colócase despois do verbo
| degg | naa | wolof | |
| entender | NA.1SG(=eu) | wolof | |
| = "entendo o wolof" | |||
| dem | naa | tefes | |
| marchar | NA.1SG(=eu) | praia | |
| = "fun á praia" | |||
LA: Énfase no complemento
Úsase para enfatizar o obxecto ou calquera outro complemento, que se sitúa diante do verbo
| wolof | laa | degg | |
| wolof | LA-1SG(=eu) | entender | |
| = "entendo o wolof" = "O que entendo é o wolof" | |||
A: Énfase no suxeito
Enfatiza o suxeito
| maa | degg | wolof | |
| A.1SG(=eu) | entender | wolof | |
| = "eu entendo o wolof" = "o que entende o wolof son eu" | |||
DA: Énfase no predicado
Enfatiza o predicado
| dama-y | jàng | wolof | |
| DA.1SG(=eu)-IMPERF | entender | wolof | |
| = "estoy aprendendo wolof" = "o que estou facendo é aprender wolof" | |||
NGI: Presentativa
Enfatiza toda a predicación (predicado, suxeito e complementos)
| maa ngi | fi | |
| 1SG(=eu) NGI | aquí | |
| = "aquí estou / aquí me tes" | ||
| maa ngi-y | dem | |
| 1SG(=eu) NGI-IMPERF | irse | |
| = "voume (neste momento)" | ||
A conxugación neutra
Usada en subordinadas e independentes de sentido xeral ou habitual que contén só os morfemas persoais
