Para a negación, o Wolof ten dúas formas: duma e -uma. A primeira forma, duma, é un auxiliar que aparece antes do verbo ou do predicado non verbal:.

Duma jáng wolof suba
NEG.1sg(=eu non) estudar wolof mañá
="Non vou estudar wolof mañá"
Duma wolof
NEG.1sg(=eu non) wolof
="Eu non son wolof"

Esta forma úsase, en xeral, para negar predicados imperfectivos, e particularmente para estes tres tipos de predicados:

  1. predicados coa forma DI (futuro)
  2. predicados resultativos co morfema imperfectivo -y
  3. predicados non verbais

A segunda forma, -uma, é un sufixo que se engade ao verbo e nega toda a estrutura. Úsase para negar outros tipos de cláusulas (e tamén as do tipo 2). Ex:

Jáng-uma Wolof
estudar-NEG.1SG(=eu non) wolof
= "Eu non teño estudado Wolof"

Tanto a forma auxiliar como a forma sufixada indican ao mesmo tempo número e persoa do suxeito. Na táboa seguinte amósanse as series correspondentes, exemplificadas co verbo dem 'marchar'

DU- -u-
1sg duma dem demuma
2sg doo dem demuloo
3sg du dem demul
1pl dunu dem demuñu
2pl dungeen dem demuleen
3pl duñu dem demuñu

Categoría:negación


Grupo de Tipoloxía Lingüística: wolof (Universidade de Vigo)
Última modificación da páxina 25 May 2010 ás 17h06, por JMGM