Artigo

Artigos definidos

No wolof o artigo definido sitúase detrás do nome e indica ao mesmo tempo a clase nominal e o número mediante a consoante inicial e a proximidade ou lonxanía respecto do falante mediante a vogal final (-i, -a, -u)

xale bi o neno
jigéen yi a muller
jigéen ñi as mulleres

Indícase se estamos ante un obxecto próximo ao falante ou ante un obxecto afastado segundo vaia con –i ou –a respectivamente. Por exemplo:

Kër gi: a casa (próxima a min)
Kër ga a casa (afastada de min)

E utilizarase -u na construción relativa

benn xarit bu baax
un amigo CL-REL
"Un bó amigo"

Artigo indefinido

O artigo indefinido colócase diante do nome. A forma canónica é a- máis consoante de clase, pero na práctica xeneralizouse ab para o singular e ay para o plural. No singular, utilízase tamén frecuentemente o numeral benn "un"

ab kër "unha casa"

ay kër "(unhas) casas"

Demostrativos

Os demostrativos indican a proximidade ao falante ou ao oínte e se o obxecto sinalado está ou non entre eles dous. Fórmanse a partir da consoante de Clase (CL) adoitando algún de los siguientes patróns :

  • CL-ii (=bii, kii, lii, etc) ou CL-ile (bile, kile, etc) = próximo do falante (e do oínte)
    xale bii "este neno"
  • CL-ale (=bale, kale, lale, etc.) ou CL-ee = afastado do falante
    xale bale "ese neno" (que está alá)
  • CL-oo-CL-u (=boobu, kooku, loolu, etc.) = próximo do oínte ou mencionado xusto antes
    xale boobu "ese neno" (que está xunto a ti / do que acabamos de falar)
  • CL-oo-CL-a (=booba, kooka, loola, etc) ou CL-oo-CL-ale = afastado do oínte ou mencionado hai tempo
    xale boobale "aquel neno (que está lonxe ou do que falamos antes)"

Como formas pronominais independentes (isto é, que non acompañan a un nome) emprégase a consoante de clase k- para referirse a persoas, e l- para referirse a cousas:

kii, kan la? "éste, quen é?"

lii, lan la "isto, qué é?

E coa inicial f- fórmanse os locativos deícticos fii, fale, foofu, foofale, máis específicos que os locativos simples fi (aquí) e fa (alí)

fii, fan la? "este sitio, cal é?

Táboa de determinantes

A táboa completa de determinantes e adverbios que expresan clase nominal é a seguinte. A consoante inicial indica a clase, e o que segue indica o tipo de determinación. Nótese que ademáis das oito clases do singular e as dúas do plural, existen dúas consoantes máis con función adverbial: f- de localización e n- maneira. As fomas "1" indican proximidade e as formas "2" afastamento.

TABOA DE DETERMINANTES
SIMPLES
(artigos)
DEMOSTRATIVOS INTERROGATIVOS
1 2 1 2 1 2
Sg bi ba bii / bile bale boobu booba (le) ban
li la lii / lile lale loolu loola(le) lan
ki ka kii / kile kale kooku kooka(le) kan
wi wa wii / wile wale woowu woowa(le) wan
mi ma mii / mile male moomu mooma(le) man
si sa sii / sile sale soosu soosa(le) san
ji ja jii / jile jale jooju jooja(le) jan
gi ga gii / gile gale googu googa(le) gan
Pl yi ya yii / yile yale yooyu yooya(le) yan
ñi ña ñii / ñile ñale ñooñu ñooña(le) ñan
 
Locativo fi fa fii fale foofu foofa(le) fan
Maneira ni na nii nale noonu noona(le) nan / nana


Grupo de Tipoloxía Lingüística: wolof (Universidade de Vigo)
Última modificación da páxina 12 March 2024 ás 10h48, por JMGM