Artigo
Artigos definidos
No wolof o artigo definido sitúase detrás do nome e indica ao mesmo tempo a clase nominal e o número mediante a consoante inicial e a proximidade ou lonxanía respecto do falante mediante a vogal final (-i, -a, -u)
xale bi | o neno |
jigéen yi | a muller |
jigéen ñi | as mulleres |
Indícase se estamos ante un obxecto próximo ao falante ou ante un obxecto afastado segundo vaia con –i ou –a respectivamente. Por exemplo:
Kër gi: | a casa (próxima a min) |
Kër ga | a casa (afastada de min) |
E utilizarase -u na construción relativa
benn | xarit | bu | baax | |
un | amigo | CL-REL | bó | |
"Un bó amigo" |
Artigo indefinido
O artigo indefinido colócase diante do nome. A forma canónica é a- máis consoante de clase, pero na práctica xeneralizouse ab para o singular e ay para o plural. No singular, utilízase tamén frecuentemente o numeral benn "un"
ab kër "unha casa"
ay kër "(unhas) casas"
Demostrativos
Os demostrativos indican a proximidade ao falante ou ao oínte e se o obxecto sinalado está ou non entre eles dous. Fórmanse a partir da consoante de Clase (CL) adoitando algún de los siguientes patróns :
- CL-ii (=bii, kii, lii, etc) ou CL-ile (bile, kile, etc) = próximo do falante (e do oínte)
xale bii "este neno" - CL-ale (=bale, kale, lale, etc.) ou CL-ee = afastado do falante
xale bale "ese neno" (que está alá) - CL-oo-CL-u (=boobu, kooku, loolu, etc.) = próximo do oínte ou mencionado xusto antes
xale boobu "ese neno" (que está xunto a ti / do que acabamos de falar) - CL-oo-CL-a (=booba, kooka, loola, etc) ou CL-oo-CL-ale = afastado do oínte ou mencionado hai tempo
xale boobale "aquel neno (que está lonxe ou do que falamos antes)"
Como formas pronominais independentes (isto é, que non acompañan a un nome) emprégase a consoante de clase k- para referirse a persoas, e l- para referirse a cousas:
kii, kan la? "éste, quen é?"
lii, lan la "isto, qué é?
E coa inicial f- fórmanse os locativos deícticos fii, fale, foofu, foofale, máis específicos que os locativos simples fi (aquí) e fa (alí)
fii, fan la? "este sitio, cal é?
Táboa de determinantes
A táboa completa de determinantes e adverbios que expresan clase nominal é a seguinte. A consoante inicial indica a clase, e o que segue indica o tipo de determinación. Nótese que ademáis das oito clases do singular e as dúas do plural, existen dúas consoantes máis con función adverbial: f- de localización e n- maneira. As fomas "1" indican proximidade e as formas "2" afastamento.
TABOA DE DETERMINANTES | |||||||
SIMPLES (artigos) | DEMOSTRATIVOS | INTERROGATIVOS | |||||
1 | 2 | 1 | 2 | 1 | 2 | ||
Sg | bi | ba | bii / bile | bale | boobu | booba (le) | ban |
li | la | lii / lile | lale | loolu | loola(le) | lan | |
ki | ka | kii / kile | kale | kooku | kooka(le) | kan | |
wi | wa | wii / wile | wale | woowu | woowa(le) | wan | |
mi | ma | mii / mile | male | moomu | mooma(le) | man | |
si | sa | sii / sile | sale | soosu | soosa(le) | san | |
ji | ja | jii / jile | jale | jooju | jooja(le) | jan | |
gi | ga | gii / gile | gale | googu | googa(le) | gan | |
Pl | yi | ya | yii / yile | yale | yooyu | yooya(le) | yan |
ñi | ña | ñii / ñile | ñale | ñooñu | ñooña(le) | ñan | |
Locativo | fi | fa | fii | fale | foofu | foofa(le) | fan |
Maneira | ni | na | nii | nale | noonu | noona(le) | nan / nana |