Os verbos do wolof non se conxugan por si mesmos, senon que van acompañados dunha palabra auxiliar que é o que, nalguns textos, recibe o nome de "conxugación". Este auxiliar é o que concorda co suxeito en número e persoa e, ademáis, indica aspecto verbal (perfectivo ou imperfectivo), e serve para enfatizar diferentes constituíntes da cláusula
As formas persoais das principais 'conxugacións' son as da táboa seguinte:
NA | LA | A | DA | NGI | -- | |
1SG | naa | laa | maa | dama | maa ngi | ma |
2SG | nga | nga | yaa | danga | yaa ngi | nga |
3SG | na | la | moo | dafa | mu ngi | mu |
1PL | nanu | lanu | noo | danu | nu ngi | nu |
2PL | ngeen | ngeen | yeena | dangeen | yeena ngi | ngeen |
3PL | nañu | lañu | ñoo | dañu | ñu ngi | ñu |
O auxiliar colócase diante do verbo (por ex: dafa dem "marcha"), agás as formas en NA, que se colocan despois (por ex: dem nga "marchas")
A maiores, temos tamén a "conxugación" negativa DU-. O morfema imperfectivo DI-, unido á conxugación NA tén valor de futuro. (Nas restantes conxugacións, o imperfectivo fórmase engadindo -Y: por exemplo damay jáng wolof 'estou aprendendo wolof')
DU- | DI- | |
1SG | duma | dinaa |
2SG | doo | dinga |
3SG | du | dina |
1PL | dunu | dinanu |
2PL | dungeen | dingeen |
3PL | duñu | dinañu |