Aínda que o wolof adoita ser clasificado como unha lingua aglutinante, o certo é que, nalgúns aspectos, se aproxima máis a unha lingua illante.

O wolof non ten flexión nominal: o nome é invariable. A categoría gramatical de número exprésase a través do determinante (artigo ou demostrativo):

Xale bi → o neno Kër gi → a casa
Xale yi → os nenos Kër yi → as casas

A maior parte dos nomes están constituidos por un único morfema:

- Kër ("casa") - xale ("neno") - baay ("pai")

Só certos nomes deverbais (procedentes dun verbo) incumpren isto. Este tipo de substantivos fórmanse a través de distintos procesos morfolóxicos como:

Sustitucións consonánticas Sácc (“roubar”) → cácc (“roubo”)
Sufixación Ñaaw (“ser feo”) → ñaawaay (“fealdad”)
Reduplicación Jafe (“ser difícil”) → jafe- jafe (“dificultade”)

O tempo e o aspecto nos verbos exprésase tamén, polo xeral, a través de partículas independentes: os auxiliares. Por exemplo:

Dem naa Eu marchei
Dem nga Ti marchastes
Dem na El marchou

Só en certas ocasións recurre á afixación:

Dem-uma Non marchei
Dem-leen Marchade
Dem-al marcha

Como vemos, o wolof tende, polo xeral, na expresión de categorías gramaticais de nomes e verbos, a técnicas analíticas. No caso de recurrir ás técnicas sintéticas, predominan os sufixos. Exemplo:

Déedéet, du suma Jabar, suma rakk la; Sófi la tudd
non AUX(DU).3sg POS.1sg esposa POS.1sg Irmá pequena AUX(LA).3sg Sófi AUX(LA).3sg chamarse
"Non, non é miña esposa, é miña irmá pequena; chámase Sofi"


Grupo de Tipoloxía Lingüística: wolof (Universidade de Vigo)
Última modificación da páxina 12 April 2009 ás 22h28, por JMGM