A diferenza doutras linguas, en k'iche' os clasificadores son máis ben fórmulas de tratamento, polo tanto, só acompañan substantivos que se refiran a persoas. Utilízanse en dous contextos: ou ben para facer referencia ou ben como trato directo.

Os clasificadores que fan referencia son nan, chuchü', tat, tatä', alï, a/alä, ixöq, achï e van sempre precedidos dun demostrativo:

rinanTo'n
DEMCLASPetrona
= Dona Ptrona

No caso de ser unha expresión de trato directo só se utilizan algúns dos anteriores: tat, nan, chuchü, a e alï.

utzwachlananMi'n
INTbofacevostedeCLASFermina
= Como está, señora Fermina?

Tódolos clasificadores, agás a, poden funcionar como pronomes:

Manx-Ø-petachiritat
NEGCOMPL-3s.ABS-virIRRPARTDEMCLAS/PRO
= Xa non veu o señor