Os Numerais

Morfolóxicamente os numerais en k'iche' non se diferencian dos substantivos pois aceptan prefixos posesivos da serie A e os marcadores da serie serie B. Ademáis, aceptan derivación. A súa función na frase é especial, porque pode selo núcleo ou o cuantificador.

Números Cardinais

Os numerais básicos son de cero a dezanove, xa que o sistema de numeración maia é vigesimal, de xeito que se conta de un en un ata vinte, de vinte en vinte ata catrocentos e así sucesivamente. Este sistema vigesimal reflíctese na representación gráfica de puntos e raias das cifras maias1:

Attach:numeracion.maia1.jpg Δ

Os números do un o dez teñen unha soa raíz e un sufixo -Vb' con vogal diferente segundo se trate dunha cifra par ou impar. As raíces pares levan a vogal central baixa [a] e ó agregar o sufixo aplican desarmonía vocálica: -ïb' ou -ib'. Este tamén é o sufixo do impar tres. As raíces impares teñen vogais redondeadas [o]/[u], agás o nove (b'elejeb', b'olon en protomaia), e ó agregar o sufixo aplican a armonía vocálica duplicando a vogal da raíz.

RaízSufixoNumeral
ka'--ib'ka'ib' = dous
waq--ib'waqib' = seis
ox--ib'oxib' = tres
jo'--ob'jo'ob' = cinco
wuq--ub'wuqub' = sete

A partir da decena, os números compóñenese coas raíces do un ó nove maila raíz lajuj (dez).

RaízRaíz de dezNumeral
ox--lajujoxlajuj = trece
waqxaq--lajujwaqxaqlajuj = dezaoito

Exemplo de uso en frase nominal

Rienab'eoxlajujixoq-ib'
DEMPRONORDNUMmuller-PL
= As primeiras trece mulleres

Derivación dos numerais

A forma básica son os números cardinais e a partir destes pódense dar derivacións como os ordinais, distributivos, comitativos, adverbios de tempo e verbos transitivos.

1. Ordinais

Fórmanse engadindo o prefixo de terceira persoa singular da serie A (u/r-) á raíz, a partires do dous. O primeiro é o único que ten unha forma especial.

RaízPrefixo serie AOrdinal
jun---nab'e = primeiro
kab'u-ukab' = segundo
(j)o'r-ro' = quinto

2. Distributivos

Do un o catro, fórmanse duplicando a raíz, a partires do cinco agrégase o sufixo -(i)taq á raíz.

RaízDistributivo
-junjujun = de un en un
kaj-kajkaj = de catro en catro
laj-lajtaq = de dez en dez

3. Adverbos de tempo

Estos adverbios fórmanse enfadindo un sufixo ós numerais simples ou compostos.

Adverbios de FuturoAdverbios de Pasado
RaízSufixoAdverbioBase futuroSufixoAdverbio
kab'--ijkab'ij = en dous díaskab'ij--irkab'ijir = fai dous días
julaj--ejjulajej = en once díasjulajej--erjulajejer = ''fai once días

4. Comitativo

Son termos que indican compaña e funcionan como pronomes. Fórmanse agregando o sufixo -ichal á raíz numeral.

RaízSufixoComitativo
kab'--ichalkab'ichal = ambolos dous
waq--ichalwaqichal = xuntos os seis

Para expresala individualidade utilízase -jujunal, termo que se deriva da raíz numeral un duplicando a raíz e agregando o sufixo -al. Asimesmo, engade o prefixo da serie A para indicar persoa e número.

5. Verbos transitivos

Coas raíces numerais pódense derivar verbos transitivos que teñen que ver con nocións de número ou cantidade como multiplicar, repetir ou comparar. Fórmanse agregando diferentes sufixos: para o significado de multiplicar, engádese -ib'ej e para repetir únese a raíz de medida -mul- ó sufixo -ij.

RaízSufixoVerbo
ka'--ib'ejka'ib'ej = duplicar
laj--ib'ejlajib'ej = ''multiplicar dez veces
ox--mul + -ijoxmulij = repetir tres veces
kajlaj--mul + ijkajlajmulij = repetir catorce veces

O verbo transitivo comparar fórmase engadindo o sufixo -aj á palabra junam 'igual, xunto con', que é un termo formado a partires da raíz numeral jun 'un'.

RaízBaseVerbo
jun >>junamjunamaj = igualar, comparar

Medidas

As medidas son indicadores de cantidade con sustantivos de masa e poden ter tamén un papel de pronominalizadores. Van acompañados dun numeral que se escribe ligado se só se trata da raíz e separado se vai na forma completa:

junmuq'ixim
NUMpuñadomillo
= Un puñado de millo

Distínguense varios grupos de termos de medida segundo se refiran a grupos de algo (feixe), partes dun todo (pouco, cacho), partes de accións (pequeño discurso), etc.

sib'alajpaqalrijumk'alë'nsi'patinamit
moicaroDEMNUMfeixeleñaPREPvila
= O feixe de leña está moi caro na vila

1 Lexis, "Sistema de numeración maya. Continuación". http://sendafonaments.wordpress.com/2008/08/28/el-sistema-de-numeracion-maya-continuacion/