O uso de demostrativos é obrgatorio nas frases nominais. Adoitan ser o primeiro elemento e indican se o nome é coñecido, identigicable ou visible e poden ser acompañados na fala con xestos corporais. Estas partículas teñen tamén outras funcións como pronome, adverbio, adxectivo ou proverbos, pero os seus usos básicos son os seguintes:
- We
Sinala un substantivo visible preto do falante:
| X-Ø-ki-chap | we | me's | cha' |
|---|---|---|---|
| COMPL-3s.ABS-3p.ERG-agarrar | DEM | gato | di |
| = Di que agarraron este gato | |||
- Le
Utilízase con nomes visibles, que poden estar preto do falante pero non se tocan no momento de sinalalo.
- Ri
Sinala un nome invisible para o falante e o oínte, pero que é coñecido ou identificable por ter sedi mencionado con anterioridade.
| I | are | b'a | r-taq | chikop |
|---|---|---|---|---|
| e | son | PART | DEM-PL | paxaro |
| = E eran aqueles paxaros | ||||
Outros demostrativos como wa' e la' funcionan como pronomes e ri' desempeña función de pronome ou proverbo.
