O marcador de posesión indica persoa e número gramaticais do poseedor dun substantivo. Para isto utilízanse os pronomes da serie A en posición de prefixo engadidos ó nome.
| ixim > | iw-ixim |
| raíz > | 2p.ERG-millo |
| millo > | =O voso millo |
| kar > | nu-kar |
| raíz > | 1s.ERG-peixe |
| peixe | =O meu peixe |
Hai distintas estratexias de adición dos posesivos segundo o tipo de substantivo. Con algúns nomes, hai un cambio de vogal de curta a longa, outros substantivos perden o sufixo, con outro grupo de nomes ocorre o contrario, é preciso engadir un morfema e incluso aparecen casos irregulares nos que se utiliza unha forma supletiva:
| kinäq'> | u-kinaq' |
| raíz > | 3s.ERG-feixón |
| feixón | =O seu feixón |
- Substantivos sustractivos: suprímense os sufixos -aj, -ij ou -axel. Esta clase inclúe partes do corpo, roupa ou familiares.
| wex-aj > | nu-wex |
| raíz-SUF > | 1p.ERG-pantalóns |
| pantalóns | =Os meus pantalóns |
- Substantivos agregativos: engádese o sufixo -Vl. Polo xeral, esta clase está formada por partes do corpo.
| kik' > | qa-kik'-el |
| raíz > | 1p.ERG-sangue |
| sangue | =O noso sangue |
- Substantivos supletivos: a raíz cambia completamente na forma posuída.
| ja > | w-ochoch |
| raíz > | 1s.ERG-casa |
| casa | A miña casa |