Segundo o número de participantes centrais da cláusula, os verbos divídense en dous grupos: transitivos e intransitivos. Esta división é importante pois os grupos contan con características fonolóxicas e morfolóxicas diferentes.
Verbos intransitivos
Existe un número reducido de raíces verbais intransitivas, a maioría son deribados doutras reíces. Esta clase verbal caracterízase pola terminación -ik da súa forma conxugada. Os elementos que se engaden a raíz dos verbos intransitivos son só dous: o morfema de aspecto e o que indica o número e persoa do S.
| Raíz Intr. | Verbo |
|---|---|
| -wa' >> | x-oj-wa'-ik |
| COMPL-1p.ABS-comer-INTR | |
| = Comimos |
Verbos transitivos
Tamén neste tipo de verbos podemos distinguir dous grupos: transitivos radicais y transitivos derivados. Estes últimos pódense crear a partires de moitas raíces e bases, xa sexan sustantivas, posicionais, adxectivas, afectivas, numerais ou de verbos intransitivos. Estes derivados adoitan ter máis dunha sílaba (a diferencia dos transitivos radicais que son monosilábicos) e a maoría remata en -j.
Os verbos transitivos conxugados fórmanse engadindo a marca de aspecto, un morfema de número e persoa que se refiere o P, un morfema de número e persoa correspondente co A, a raíz verbal e de xeito optativo un sufixo. A estructura sería a seguinte: Morfema aspecto + serie B + serie A + base verbal + (sufixo)
| xeqelisaj |
|---|
| = Sacámolo |
Verbos compostos
Esta clase engloba a todos aqueles que ademáis dun verbos precisan doutra palabra para expresar un só significado. Polo xeral, a primeira palabra é un verbo e a segunda é un substantivo que funciona como complemento verbal e pode presentarse en forma absoluta ou posuído.
| xachaq'ij | awaqan |
|---|---|
| verbo | substantivo |
| = tropezaches | |
| kachaqïj | nuchi' |
|---|---|
| verbo | substantivo |
| = teño sede | |
