Partículas interrogativas
Estas partículas introducen cláusulas interrogativas para cuestionar algún dos constituíntes, sempre van ao inicio da cláusula.
| PARTÍCULAS INTERROGATIVAS |
| ¿Jachin/jachinaq? | Quen? |
| ¿Jas? | Que? |
| ¿Jawi chi’? | Onde? |
| ¿Jampa’? | Cando? |
| ¿Janipa’? | Canto? |
| ¿La...? | Será, acaso? |
| ¿Jas che? | Por que? |
Exemplos:
| ¿Jachin | x-e-b’ an-ow-ik? |
| quen | COMPL-3p.ABS-facer-ANTIP-INTR |
| =Quenes o fixeron? |
| ¿Jawi | k’o | wi | r-achoch | ri | ali? |
| Onde | está | LOC | 3s.ERG-casa | DEM | rapaza |
| =Onde está a casa da rapaza? |
| ¿Jampa’ | k-pe | ri | kun-an-el? |
| Cando | INC-3s.ABS-vir | DEM | curar-ANTIP-s |
| =Cando vén o médico? |
Interrogación de resposta sí e non
Para este tipo de interrogación emprégase a partícula interrogativa la, coas oracións que presentan unha estructura similar á de enfoque. Para responder a esta interrogación utilizánse as seguintes respostas curtas:
| Afirmación | Negación |
| je’ | sí | maj/ja’i’ | non |
| are’ | é | ma are taj | non é |
| je’ are’ | sí é | ja’i’, are taj | non, non é |
Exemplos
| ¿La | are | ri | achi | x-∅- ul | q-uk’? |
| INT | ENF | DEM | home | COMPL-3s.ABS-chegar aquí | 2p.ERG-PREP |
| =Foi aquel home quen chegou connosco? |
| ¿La | are | ri | a | B’alam | x- ∅ -loq’ow | r-ech | ri | jun | k’oy? |
| INT | ENF | DEM | CLF | B’alam | COMPL-3s.ABS-comprar | 3s.ERG-para | DEM | ART | mico |
| =¿Foi B’alam quen comprou aquel mico? |
Interrogación para pedir información
Este tipo de interrogativas son as empregadas para pedir información, e para iso utilízase un pronome interrogativo específico dependendo do caso:
| PRONOME INTERROGATIVO |
| Jachin | quen |
| Jas | que / como |
| Jawi | onde |
| Jas ruk’ | con que |
| Jachin chi re | para quen |
| Jachin ruk’ | con quen |
| Jas chi rij | sobre que |
| Jas che / Jas rumal | por que |
| Jas uchak | para que |
| Jampa' | cando |
| Janipa’ | canto (s) |
Exemplos
| ¿Jachin | x-∅-pe | wuqub’-ixir? |
| quen | COMPL-3s.ABS-vir | sete-día |
| =Quen veu hai sete días? |
| ¿Jachin | x-e’-u-tij | ri | utiw? |
| quen | COMPL-3p.ABS-comer | DEM | coiote |
| =A quen se comeu o coiote? |