Nas linguas maias, os verbos non especifican o tempo, senón que o que se marca é o aspecto. Exprésase mediante afixos flexivos, xeralmente prefixos. Estos prefixos son os mesmos para os diferentes tipos de verbos: transitivos ou intransitivos.
Aspecto Completivo
Tamén denominado perfectivo, márcase co morfema x-.
| Xe'uchap | ka'ib' | kuk | ri | nimatz'i' |
| x-e'-u-chap | ka'-ib' | kuk | ri | nim-a-tz'i' |
| COMPL-P.3p-A.3s-agarrar | dous-SUF | esquío | DEM | grande-VE-can |
| V | O (P) | S (A) |
| O can grande agarrou dous esquíos |
Participio perfecto
A diferencia dos outros morfemas de aspecto, esta forma verbal constrúese cun sufixo, non cun prefixo. O significado aspectual, como o no me indica é o mesmo que o do aspecto completivo. Con verbos intransitivos engádese -inaq, para verbos transitivos radicais utilízase -Vm e para os derivados -m. A persoa e número gramaticais do suxeito márcanse en verbos transitivos pola serie A e intransitivos pola serie E. O P transitivo márcase coa serie B.
| in | atin-inaq |
| 1s.ABS | bañar-PVO |
| = bañeime |
| nu-chap-om |
| 1s.ERG-agarrar-PVO |
| = agarreino |
| nu-q'alu-m |
| 1s.ERG-abrazar-PVO |
| = abraceino |
Aspecto Incompletivo
Ou aspecto imperfectivo. En k'iche' márcase co prefixo k-.
| k-ø-u-tz’ib’-aj | jun | wuj | ri | a | Kanëk’ |
| INC-3sABS-3sERG-escribir-TR | un | libro | DEM | CLF | Kanek’ |
| | P = ABS | A = ERG |
| = “Kanek escribe un libro” |
Aspecto Potencial
Indica unha acción non realizada pero con posibilidade de realizarse. Márcase con dous prefixos, xk- ou xch, que teñen a súa orixe no prefixo de aspecto completivo x- en combinación co marcador de modo imperativo k- ou ch-.
| xk-inetz'anik | | xch-atwarik |
| POT-xogar | | POT-durmir |
| =xogarei | | =durmirás |
Aspecto Progresivo
Indica que a acción está en proceso e é o único que non se marca cun prefixo, senón co verbo auxiliar -tajin. Colócase en posición anterior ó verbo principal. Outra forma de expresar o progresivo é marcar tódalas persoas gramaticais e os marcadores de aspecto no verbo auxiliar -tajin e, seguido deste, o verbo principal introducido por unha preposición. Cando se utiliza esta variante, o verbo principal aparece en forma de infinitivo ou como un substantivo verbal. Se aparece en forma infinitiva, introdúcese coa preposición pa con verbos intransitivos e chi cos transitivos. Mentres que cando aparece como substantivo verbal leva posesivo dacordo coa persoa e número do P.
| tajin | kojwa'ik |
| Auxuliar | Vbo. ppal |
| = Estamos comendo |
| tajin | xinb'inïk |
| Auxuliar | Vbo. ppal |
| = Estiven camiñando |
Con preposición pa
| k-in-tajin | pa | tz'ib'anïk |
| INCOM-1s.ABS-auxiliar | PREP | infinitivo |
| = Estou escribindo |
Con preposición chi
| k-Ø-oj-tajin | chi | kich'ajik |
| INCOM-3s.ABS-1p.ERG-Auxuliar | PREP | infinitivo |
| = Estámolo lavando |