Como se indica no apartado correspondente a orde básica de constituíntes nas oracións do kiché é VOS, ou máis precisamente VPA. Esta orde pode variarse se queremos enfatizar algún elemento topicalizándoo ou focalizándoo. A enfatización dun elemento pode conlevar nalgúns casos cambios de diátese

Topicalización

Un elemento oracional secundario pode topicalizarse colocándoo na posición anterior ao núcleo predicativo.

Xwär ri mam "O avó durmiuse"

Ri mam xwarik

Nas estruturas transitivas cabe topicalizar indistintamente o axente ou o paciente. Como isto é una fonte de potenciais ambigüidades, en caso de topicalizar o paciente é preferble utilizar a voz pasiva

Se o topicalizado é un elemento oblicuo(circunstante locativo, instrumental, comitativo, beneficiario, ...) esta construcción márcase coa partícula wi despois do núcleo predicativo. Esta partícula é opcional se o participante absolutivo é indefinido

Chi re ri ali Saqijix xusipaj wi jun wuj ri a Pala's A Saqijix regaloulle Pala's un libro

Focalización

Para focalizar contrastivamente un participante central anteponse ao verbo precedido da partícula focalizadora are:

Areriak'alab'k-e-b'in-ik
ENFDEMnenosINCOMP-3p.ABS-camiñar-INTR
= Son os nenos os que camiñan

Para focalizar un constituínte oblicuo (locativo, instrumento, etc...) utilízase unha estrutura similar á de topicalización, pero enfatizando coa entonación o elemento focalizado

Sen focalizar o oblicuo:

X-∅-ki-q'äjk-aqänr-uk'ikajriajchakib'
COMPL-3s.ABS-3p.ERG-cortar3p.ERG-pé3s.ERG-conmachadaDEMtraballadores
= Os traballadores cortaron o pé coa machada

Con instrumento focalizado:

R-uk'ikajx-∅-ki-q'ajwik-aqanriajchakib'
3s.ERG-conmachadaCOMPL-3s.ABS-3p.ERG-cortarPART3p.ERG-péDEMtraballadores
= Coa machada cortaron o pé os traballadores