Ergatividade
O kiché expresa as relacións gramaticais básicas mediante prefixos persoais, seguindo un sistema ergativo-absolutivo: unha serie de prefixos -a serie B (ou absolutiva)- serve para indicar o número e persoa do S intransitivo e do P[paciente] dos verbos transitivos, e outra serie de prefixos -a serie A (ou ergativa)- serve para indicar o número e persoa do A [axente] dos transitivos.
Cláusula intransitiva: absolutivo (S)
Nas cláusulas intransitivas, é dicir, nas construccións VS o verbo concorda en número e persoa co S, utilizando a serie B de prefixos persoais, absolutivo.
1)
| x-e'-el | löq | k'itäq | ixpäq | chi | u-pam |
|---|---|---|---|---|---|
| COMPL-3PL.ABS-saír | COMPL | moito.PL | sapo | Prep | 3SG-estómago |
| V | S (ABS) | OBL | |||
| Moitos sapos saíron de dentro | |||||
Cláusula transitiva: absolutivo (P) e ergativo (A)
Os verbos das construccións transitivas conteñen morfemas que concordan co P e co A nesta orde. De forma que tralo morfema de tempo/aspecto colócase un morfema da serie B, absolutivo, concordando con P, e seguido deste un morfema da serie A concordando con A [axente], polo tanto, ergativo.
2)
| x-Ø-u-ken | jun | nim-apo't | ri | jun | ajkem |
|---|---|---|---|---|---|
| COMPL-3SG.ABS-3SG.ERG-tecer | un | grande-huipil | DEM | un | tecedora |
| V | P (ABS) | A (ERG) | |||
| Aquela tecedora teceu un huipil grande | |||||
3)
| Iwir | x-Ø-u-tij | ti'ij | pa | ri | nim-aq'ij | ri | a | Kaqb'alam |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| onte | COMPL-3SG.ABS-3SG.ERG-comer | carne | en | DEM | grande-día | DEM | CLF | Kaqb'alam |
| V | P (ABS) | A (ERG) | ||||||
| Onte Kaqb'alam comeu carne na festa | ||||||||
Cláusulas triactanciais
No caso dos verbos triactanciais, do tipo dar (alguén [A] dálle algo [O] a alguén [R]), o k'iche' conta con dúas posibilidades de expresión:
a) o O e o A coa concordancia ergativa-absolutiva que xa vimos e un R expresado por un oblicuo.
4)
| x-Ø-u-sip-aj | jun | po't | chi | re | ri | ali | Ixb'alam | ri | nan | Ixchel |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| COMPL-3SG.ABS-3SG.ERG-regalar-TR | INDF | huipil | Prep | DEM | CLF | Ixb'alam | DEM | CLF | Ixchel | |
| V | O (ABS) | R (OBL) | A (ERG) | |||||||
| Dona Ixchel regaloulle un huipil a Ixb'alam | ||||||||||
b) Outra posibilidade na que non hai partículas relacionais, o R exprésase sintácticamente como modificador do O nunha frase nominal. Este O aparece marcado cun morfema persoal posesivo da serie A
5)
| x-Ø-u-sip-aj | jun | u-po't | ri | ali | Ixb'alam | ri | nan | Ixchel |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| COMPL-3SG.ABS-3SG.ERG-regalar-TR | INDF | 3SG.POS-huipil | DEM | CLF | Ixb'alam | DEM | CLF | Ixchel |
| NÚC | MOD (R) | |||||||
| V | O (ABS) | A (ERG) | ||||||
| Lit= Dona Ixchel regalou un seu (de I.) huipil de Ixb'alam | ||||||||
| Dona Ixchel regaloulle un huipil a Ixb'alam | ||||||||
Predicación non verbal
As cláusulas que expresan estado, equivalencia, existencia ou lugar constrúense mediante un predicativo estativo. O elemento principal pode ser un substantivo, un adxectivo, un posicional ou un numeral. As cláusulas de predicado non verbal son semellantes ás cláusulas intransitivas, xa que marcan un único argumento, o suxeito, e fano cun morfema da serie B. Pero teñen unha diferenza respecto das intransitivas: ese morfema da serie B que concorda en número e persoa co suxeito da construcción non vai ligado ó predicado estativo, senón que forma unha palabra independiente na representación gráfica. O estativo pode levar elementos facultativos como adverbios ou modificadores.
6)
| Ø | Utz | le | wuj |
|---|---|---|---|
| 3SG.ABS | bo | DEM | libro |
| EST | S | ||
| O libro é bo | |||
7)
| Oj | wuqub' |
|---|---|
| 1PL.ABS | sete |
| Somos sete | |
8)
| E | kotz'-ol | ri | achij-ab' |
|---|---|---|---|
| 3PL.ABS | acostar-ADX | DEM | home-PL |
| Os homes están acostados | |||
9)
| Ø | K'oo | maya' | ki-b'i' | ri | nu-mi'al |
|---|---|---|---|---|---|
| 3SG.ABS | ter | maia | 3PL-nome | DEM | 1SG-filla |
| Lit. O seu nome das miñas fillas é maia ou O seu nome maia das miñas fillas é | |||||
| Trad. libre Miñas fillas teñen nome maia | |||||
Aínda que pola tradución poda parecer que o exemplo 9 é unha expresión de posesión, en realidade temos que considerar que é máis ben unha expresión de existencia, pois o elemento que concorda co morfema da serie B é kib'i' (nome) e non numi'al (miñas fillas), polo tanto éste é o S. Vese claramente na tradución literal.
