Caracterización Xeral

As linguas maias son de tipo aglutinante. O proceso de derivación é moi productivo nestas linguas, ás raíces ou bases existentes engándeselles os afixos ata un máximo de catro morfemas. No k'iche', os morfemas vanse engadindo ás raíces en forma de prefixos, maioritariamente, pero tamén hai sufixos.

Por motivos fonolóxicos, tanto as raíces coma os afixos poden variar en canto a cantidade da vogal, xa que o patrón fonolóxico do k'iche' só permite vogais longas ó final de palabra, se a esta se lle engade un sujixo, a vogal deixa de ser longa.

As clases de palabras que contan con variación gramatical son os substantivos, os adxectivos e os verbos.

Exemplo nome:

nutzij
nu-tzij
1S-palabra
palabra

Exemplo adxectivo:

loq'olaj
loq'o-laj
sagrado-SUPL
sagradísimo

Exemplo verbo:

kwaj
k-w-aj
IPFV-1S.ERG-querer
quero

Gráficamente, estes morfemas gramaticais aparecen ligados ás raíces, formando unha soa palabra.

Derivación

Tódalas clases de raíces coas que conta a lingua, excepto as partículas, poden sufrir procesos de derivación. Estas raíces adoitan derivar de forma directa, pero nalgunhas ocasións é preciso formar primeiro unha base, polo xeral agregando unha vogal á raíz.

Os afixos de derivación do k'iche' poden ser substantivizadores, transitivizadores, intransitivizadores, adxectivizadores, adverbios, afectivos e de medida.

No caso dalgúns adverbios locativos o proceso de derivación e gramaticalización é curioso pola base que utilizan: substantivos relacionais que teñen que ver con partes do corpo humano:

SubstantivoBase relacionalAdverbio
wachaj= cara-wachchi + wach= en fronte de
ijaj= costas-ijchi + ij= detrás de
chi'aj= boca-chi'chi + chi'= á beira de
wi'aj= cabelo-wi'pa + wi'= enriba de
tza'maj= nariz-tza'mchi + tza'm= na punta de