Voz pasiva
Esta voz utilízase para dar máis prominencia o P do verbo transitivo, sobre todo no caso en que poda haber ambigüedade entre o A e o P porque resulte difícil saber quen actúa sobre quen. É o caso do exemplo 2, no que podemos ter dous significados posibles. Utilizando a forma pasiva, o axente omítese ou vai expresado nunha forma oblicua, de xeito que o paciente ten prominencia ó tempo que está claro o seo papel.
As cláusulas en voz pasiva constrúense antepoñendo o P precedido da partícula focalizadora 'are', cámbiase o verbo de transitivo a intransitivo e suprímese o axente orixianl ou exprésase mediante a partícula relacional rumal.
Para intransitivizar o verbo hai tres opcións: 1) en verbos transitivos radicais alóngase a vogal; 2) con verbos transitivos derivados márcase engadindo o sufixo -x; 3) e con ambas clases de verbos pódese utilizar o sufixo -(v)taj para indicar unha acción completa.
Exemplos:
(1) Activa non marcada:
| X-e-ki-chäp | ri | alab’om | ri | mu’sab’ |
|---|---|---|---|---|
| COMPL-3pABS-3pERG-coller | DEM | nenos | DEM | ladinos |
| P = ABS | A = ERG | |||
| = Os ladinos colleron os nenos | ||||
(2) Activa con Axente focalizado:
| Are | ri | alab’om | x-e-ki-chäp | ri | mu’sab’ |
|---|---|---|---|---|---|
| FOC | DEM | nenos | COMPL-3pABS-3pERG-coller | DEM | ladinos |
| A = ERG | P = ABS | ||||
| = “Son os nenos os que colleron aos ladinos" | |||||
(3)Pasiva (con paciente focalizado):
| Are | ri | alab’om | x-e-chap | k-umal | ri | mu’sab’ |
|---|---|---|---|---|---|---|
| FOC | DEM | nenos | COMPL-3pABS-coller\PSV | 3pA-por | DEM | ladinos |
| P = ABS | A (OBL) | |||||
| = “Son os nenos os que foron collidos polos ladinos” | ||||||
Voz antipasiva
Antipasiva de enfoque
Esta voz utilízase para dar énfase ou para cuestionar ou negar o axente transitivo. A voz antipasiva intransitiviza o verbo, polo tanto o axente que na forma non marcada iría en ergativo, neste caso aparece en absolutivo. O paciente omítese ou pasa a expresarse de xeito oblicuo introducido por un termo relacional (rech). O cambio de voz no verbo indícase pola adición do sufixo -n, en verbos transitivos derivados, e -ow/uw, en verbos transitivos radicais.
(4) Activa:
| k-ø-u-tz’ib’-aj | jun | wuj | ri | a | Kanëk’ |
|---|---|---|---|---|---|
| INC-3sABS-3sERG-escribir-TR | un | libro | DEM | CLF | Kanek’ |
| P = ABS | A = ERG | ||||
| = “Kanek escribe un libro” | |||||
(5) Antipasiva de enfoque:
| ri | a | Kanëk’ | k-ø-tz’ib’-än | r-ech | jun | wuj |
|---|---|---|---|---|---|---|
| DEM | CLF | Kanek’ | INC-3sABS-escribir-ANTIP | 3sA-REL | un | libro |
| A = ABS | V(ABS=A) | P (OBL) | ||||
| = “É Kanek o que está a escribir (n)un libro” | ||||||
Neste tipo de antipasiva en xeral o verbo concorda só con Axente (A) coa serie absolutivan de prefixos. Pero por riba dese criterio ten prioridade a xerarquía persoal (de topicalidade inherente):
1ª > 2ª > 3ª pl > 3ª sg
Se o Paciente (P) é máis alto nesta xerarquía é o que determina a concordancia absolutiva en caso de non ser expresado en forma oblicua
(6) Axente 2ª e paciente 1ª
- Activa:
| X-in-a-xib'-ij | pa | b'e |
|---|---|---|
| COMPL-1sABS-2sERG-asustar-TR | PREP | camiño |
| =Asustáchesme no camiño | ||
- Antipasiva de enfoque:
| At | x-in-xib'-in | pa | b'e |
|---|---|---|---|
| PRO.2s | COMPL-1sABS-asustar-ANTIP | PREP | camiño |
| A | V(ABS=P) | ||
| Fuches ti quen me asustou no camiño | |||
(7) Axente 3ª e paciente 2ª
- Activa:
| x-at-u-xib'-ij | ri | koj |
|---|---|---|
| COMPL-2sABS-3sERG-asustar-TR | DEM | león |
| V(ABS=P)(ERG=A) | A | |
| =O león asustoute | ||
- Antipasiva de enfoque:
| Are | ri | koj | x-at-xib'-in-ik | |
|---|---|---|---|---|
| FOC | DEM | león | COMPL-2sABS-asustar-ANTIP-INTR | |
| A | V(ABS=P) | |||
| =Foi o león o que te asustou | ||||
(8) Axente 3ªsg e paciente 3ªpl
- Activa:
| x-e'-u-xib'-ij | ri | winäq | ri | b'aläm |
|---|---|---|---|---|
| COMPL-3pABS-3sERG-asustar-TR | DEM | xente | DEM | tigre |
| V(ABS=P)(ERG=A) | P | A | ||
| =O tigre asustou á xente | ||||
- Antipasiva de enfoque:
| Are | ri | b'aläm | x-e-xib'-in | ri | winaq |
|---|---|---|---|---|---|
| FOC | DEM | tigre | COMPL-3pABS-asustar-ANTIP | DEM | xente |
| A | V(ABS=P) | P | |||
| =Foi o tigre o que asustou á xente | |||||
Antipasiva absoluta
Esta voz utilízase cando o paciente da acción transitiva é descoñecido ou o falante non quere mencionalo. O axente pasa a marcarse en absolutivo e o verbo cambia de voz ó engadirlle o sufixo -n, en verbos derivados, e -(V)n, nos radicais.
(9)Activa:
| k-ø-ki-tik | ixim | ri | w-achib'il |
|---|---|---|---|
| INC-3sABS-3pERG-sementar | millo | DEM | 1sA-compañeiros |
| ="Os meus compañeiros sementan millo | |||
(10)Antipasiva:
| k-e-tik-on | ri | w-achib'il |
|---|---|---|
| INC-3pABS-sementar-ANTIP | DEM | 1sA-compañeiros |
| ="Os meus compañeiros sementan" | ||
Antipasiva incorporante
Esta voz é utilizada nos casos en que o paciente dun verbo transitivo pasa a incorporarse sintácticamente (pero no caso do k'iche' NON morfolóxicamente) nunha construcción intransitiva. O feito de incorporar o paciente en forma independiente fai que xa non teña relación directa co verbo e non precisa ser marcado por ningún morfema. Como a construcción é intransitiva e xa só ten un actante principal, o axente, este vai marcado polo absolutivo.
Este tipo de voz indícase na forma verbal mediante o sufixo -ow/uw nos radicais e -n nos derivados.
(11) Antipasiva:
| ri | k-e-yuq'-un | chij | x-e-yawaj-ik |
| DEM | INC-3pABS-pastorear-ANTIP | ovella | INC-3pABS-enfermar-INTR |
| ="Os que pastorean ovellas enfermaron" | |||
Voz instrumental
Cando se atepoñe un instrumento ao verbo úsase esta voz. Nunha oración non marcada, o instrumento introdúcese por medio dun substantivo relacional. Na voz instrumental, o verbo segue sendo transitivo, pero agrega o sufixo -b'e para indicar o cambio de relación do instrumento na cláusula, que neste caso non leva partícula relacional. O verbo concordará agora co novo obxecto e co axente, mentres que o Paciente pasa a ser un oblicuo introducido polo substantivo relacional -ech
| ab'aj | x - e' - u - paxi - b'ee -j | k-ech | ri | b'o'j | ri | ali |
| pedra | COMPL-3pABS-3sERG-romper-INSTR-TR | 3pA-para | DEM | ola | DEM | rapaza |
| INSTR=ABS | P = ABS | A = ERG | ||||
| ="A rapaza rompeu a ola con pedras / empregou pedras para romper a ola" | ||||||
Transitivización causativa
O sistema verbal da lingua conta cun sufixo transitivizador que expresa causatividade. Se engadimos -isa a unha raíz ou base verbal intransitiva, obtemos unha expresión na que indicamos que alguén ou algo está a provocar o proceso.
| k-Ø-u-b'in-isa-j |
| INCOMP-3SG.ABS-3SG.ERG-camiñar-CAUS-TR |
| = Fai que camiñe ou faino camiñar |
| x-Ø-r-ok-isa-j |
| COMPL-3SG.ABS-3SG.ERG-entrar-CAUS-TR |
| = entrouno ou fixo que entrase |
