Calquera das partes da cláusula pode ser negada: tanto os constituíntes centrais coma os adxuntos. Hai diferentes tipos de partículas ou morfemas negativos:
A partícula ma(u) precede a palabra que nega e compleméntase coa partícula ta(j). En ocasións utilízase só m cando se nega a realización do proceso dun imperativo (ma antes de consonante). Neste caso vai ligado ó verbo.
| PARTÍCULAS NEGATIVAS | |
| ma(n)... ta(j) | negación |
| ma/na | negación |
| ja'i' | non |
| maj | non hai |
| k'a maja' | aínda non |
| miyjun | ningún |
Exemplo:
| M-Ø-a-qum | le | kun-ab'al | lee' |
|---|---|---|---|
| NEG-3s.ABS-2s.ERG-beber | DEM | curar-S | DEM |
| = Non tomes esa menciña | |||
