Modificadores nominais
As construccións de modificador nominal, como son as expresións de posesión, fórmanse engadindo o morfema de ergativo no núcleo do sintagma e a continuación deste o modificador nominal:
| ri | ka'ib | ama' | taq | r-ak' | ri | a | Xwan |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| DEM | dous | macho | PL | 3s.ERG-polo | DEM | CLAS | Xoan |
| = Os dous galos de Xoan | |||||||
Adxectivos
Os adexectivos anteceden ó nominal. Pode aparecer máis dun, nese caso coordínanse nunha enumeración sen conxunción. Tamén poden aparecer unidos por unha preposición, pero dita unión representa un só concepto:
| K'a | chi | ki' | ri | kunab'al | x-Ø-u-qum | ri | ak'al |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| amargo | PREP | doce | DEM | menciña | COMPL-3s.ABS-3s.ERG-tomar | DEM | neno |
| = A menciña que tomou o neno está desaborida | |||||||
Os adexectivos teñen dúas función principais: a función atributiva e a predicativa. Na primeira, o adxectivo ten a función de modificador directo do núcleo do sintagma nominal. Colócase despois dos determinantes e precedendo o nome:
| ri | ki' | ch'op |
|---|---|---|
| DEM | doce | piña |
| = Aquela piña doce | ||
Na función predicativa, o adexectivo é o núcleo do predicado non verbal e vai nuha posición anterior o sintagma nominal que funciona como suxeito:
| Ø | nim | ri | alä |
|---|---|---|---|
| 3s.ABS | grande | DEM | mozo |
| = O mozo é grande | |||
Polo tanto, a posición e correspondente función do adxectivo pode cambiar bastante unha cláusula:
Función atributiva
| x-Ø-sach | ri | kaq | tz'ib'ab'al |
|---|---|---|---|
| COMPL-3s.ABS-perderse | DEM | vermello | lapis |
| = O lapis vermello perdeuse | |||
Función predicativa
| kaq | ri | tz'ib'ab'al | x-Ø-sach-ik |
|---|---|---|---|
| vermello | DEM | lapis | COMPL-3s.ABS-perderse-ADX |
| = O lapis que se perdeu é vermello | |||
Cláusulas relativas
Explicación e exemplos no apartado de estruturas complexas
