Orde de constituíntes da frase

En xeral, o k'iche' ten unha estructura de núcleo-dependente (NUC-DEP): o núcleo vai ó principio e os demáis elementos seguen a este núcleo. Isto ocorre tanto nas frases nominais coma no predicado, no que o verbo é o primeiro elemento. No caso da frase nominal, aparecen os elementos demostrativo, núcleo e modificador necesariamente nesa orde. Vemos esta estructura nos seguintes exemplos:

Frase nominal con relativa como modificador

leixpäqtajinki-tzak-uj
DEMsapoPROG3PL-buscar-TR
o sapo que están buscando

Expresións de posesión

riu-kik'elriixóq
DEM3SG-sangueDEMmuller
o sangue da muller

A diferencia das subordinadas relativas, os adxectivos colócanse sempre precedendo ó nome:

riq'anwachixïm
DEMamarelomillo
O millo amarelo

Orde de constituíntes da oración

Na oración, o verbo constitúe o primeiro elemento, se non se inclúe na súa estructura un adverbio. Nas cláusulas transitivas, o "obxecto" (o paciente absolutivo) colócase inmediatamente despois do elemento verbal e o "suxeito" (o axente ergativo) iría en posición final, de xeito que o k'iche' tería o seguinte esquema de orde de constituíntes: Verbo-Obxecto-Suxeito (VOS). Aínda que, nesta afirmación habería que puntualizar que no caso desta lingua pode ser máis axeitado falar de Verbo-Paciente-Axente (VPA).

Xe'uchapka'ib'kukrinimatz'i'
x-e'-u-chapka'-ib'kukrinim-a-tz'i'
COMPL-P.3p-A.3s-agarrardous-SUFesquíoDEMgrande-VE-can
VO (P)S (A)
O can grande agarrou dous esquíos

De todas formas, esta orde non é estricta, de feito a orde varía moito no discurso por diferentes motivos, por exemplo, por cuestións de focalización dalgún dos elementos. Así que atopamos moi frecuentemente estructuras coma a seguinte:

leak'alxe'uk'amajuntirleratz'iyaq
leak'alx-e'-u-k'amajuntirler-atz'iyaq
DEMnenoCOMPL-P.3p-A.3s-traertodoDEM3SG-roupa
S(A)VO(P)
O neno recolle tódala súa roupa

Asimesmo, coma no verbo está indicado o suxeito mediante morfemas, coma ocorre en moitas linguas, é posible omitilo:

xkiluwachjunnimaläjb'olaj
x-ø-k-ilu-wachjunnima-lajb'olaj
COMPL-P.3s-A.3p-ver3SG-fronteDEMgrande-SPRLtronco
VO(P)
Adiante viron un tronco grande