Sistema Vocálico

A lingua k'iche' consta de dez vogais das que cinco son vogais breves e as outras cinco as súas correspondentes variantes longas.

 AnteriorCentralPosterior
 BreveLongaBreveLongaBreveLonga
Altaii:  uu:
Mediaee:  oo:
Baixa  aa:  
 Non redondeadaRedondeada

Na representación gráfica, as vogais longas distínguense das breves na posición final de palabra porque estas últimas márcanse con diérese: ä [a]/ a [a:].

Por norma xeral, as vogais nunca están no inicio de palabra, xa que sempre antecede un peche glotal, e rara vez están ó final. No caso das vogais breves, en moitas variantes van seguidas de unha /h/ cando se atopan ó final de palabra, resultando que non son fonema final. Esta h non se representa na escritura práctica porque non está definido como fonema ou alófono, pois non aparece en tódalas variantes.(exemplos?)Tamén hai casos de consoantes contiguas en préstamos e algunhas palabras maias. Estes casos poden ser produto de variacións dialectais.

As vogais longas teñen unha regla de uso que consiste en que soamente poden aparecer en palabras monosílabas, o final de palabras de máis dunha sílaba e non pode haber palabras con máis de dúas vogais longas nunha palabra polisílaba.

Sistema consonántico

o sistema consonántico consta de 22 consonantes. Tódolos fonemas consonánticos son xordos agás os fonemas nasais e os líquidos. (Na táboa represéntanse á esquerda os fonemas co sistema do Alfabeto Fonético Internacional e a dereita os correspondentes grafemas).

 LabialAlveolarAlveo-PalatalPalatalVelarUvularGlotal
OclusivasSimplespt  kqʔ <'>
 Glotalizadasbˀ <b'>tˀ <t'>  kˀ <k'>qˀ <q'> 
AfricadasSimples ts <tz>tʃ <ch>    
 Glotalizadas tsˀ <tz'>tʃˀ <ch'>    
FricativasSimples ʃ <x>s  x <j> 
NasaisSimplesmn     
LíquidasLateral l     
 Vibrante r     
SemivogaisSimplesw <w>  j <y>   

A este inventario de consoantes propias do idioma engádense dous fonemas prestados, os oclusivos sonoros /b/ e /d/, como consecuencia da incorporación de léxico do español:

basvaso
doktordoctor
DyosDeus

Aspectos Suprasegmentais

O k'iche' caracterízade por ter acento fixo na sílaba final de palabra, polo tanto, ten acento agudo e non é necesario representalo gráficamente porque a súa ubicación é predecible.

Os préstamos que se incorporan na lingua adoptan o mesmo patrón de acentuación e tampouco se marcan gráficamente. Estes préstamos adáptanse ós sonidos propios do idioma.

Na lingua existen dúas clases de sílabas: aberta CV e pechada CVC. Xeralmente, non aparecen dúas consonantes seguidas na mesma sílaba, aínda que atopamos consoantes seguidas en posición inicial nos marcadores de tempo, aspecto completivo e modo imperativo porque non adoitan permitir que se introduza unha vogal para separalos da consoante inicial de palabra

Tamén hay consoantes contiguas no inicio de sílaba en préstamos e palabras maias, que poden ser produto de variacións dialectais.

En posición final, podemos atopar tamén algúns exemplos de dúas consoantes seguidas nas palabras monosilábicas e na sílaba final de palabras polisilábicas onde haxa presencia de peche glotal.