Filiación Xenética (phylum e familia)

O k'iche' forma, xunto co Kekchi, Uspanteco e Pocom, un subgrupo dentro da familia lingüística maia que se insire dentro do phylum Amerindio. No seguinte esquema vemos as relacións xenealóxicas coas restantes linguas maias:

Attach:esquema.lenguas5.jpeg Δ

Localización Xeográfica

O k'iche' fálase en Utatlán, na moderna Guatemala. Os territorios lingüíticos k'iche' son, sobre todo, os departamentos de Quiché, Totonicapán, Sololá, Quetzaltenango, Retalhuleu e Suchitepequez. En particular é falado en centros de mercado coma Sipacapa, Sacapulas, Cunén, Cabulco, Rabinal, San Miguel Chicaj, San Andrés Sajcabaja, Joyabaj, Santa Cruz del Quiché, Chichicastenango, Momostenango, Totonicapán, Nahualá, Santa Catarina Ixtahuacán, Quetzaltenango, Cuyotenango, Mazatenango, San Antonio Suchitepequez, etc. cos seus correspondentes ámbitos territoriais. A presión económica que favorece o traballo ambulante, así coma a limitada migración política está a xerar que o K'iche' se estenda máis aló do seu territorio tradicional.

Attach:mapa.linguistico.jpg Δ

Número Aproximado de Falantes

O k'iche' é falado por 850.000 persoas en todo o mundo, das cales, 300.000 son monolingües (segundo datos do ano 1995)

Os falantes de k'iche' forman agora a segunda maior comunidade lingüística de Guatemala, pero non ten ningún estatus oficial.

Aspectos máis relevantes da historia do maia k'iche'

Tradición Lingüística do K'iche'

Esta lingua é unha das mellores documentadas. Pouco desposi da conquista española, aparecen os primeiros textos quichés, a maioría con influencias cristiás, na escritura latina. Son textos escritos por indios quichés cristianizados. A finalidade destes escritos era a reclamación fronte a corona española de terras, de dereitos de administración local e de recaudación de tributos. Trátase de documentos importantes para o estudo da historia, a sociedade e a mitoloxía dos quichés clásicos, así coma para as descripcións da conquista española dende o punto de vista dos indios.

Entre os textos máis importantes máis importantes están o Popol Vuh, probablemtente fixado en escritura latina entre 1554 e 1558 polos príncipes quiché, o Título Tamub do ano 1580, os Títulos Nijaib, os máis antigos remóntanse o ano 1550, o Título C'oyoi, redactado entre 1550 e 1570, o Título Santa Clara do ano 1583 e o Rabinal Achi. O Popol Vuh, é mailo Rabinal Achi, é un dos textos máis interesantes da literatura indiana.

Principais dialectos do k'iche'

Non hai un acordo claro para clasificar e diferenciar os distintos dialectos. Dúas posibles clasificacións serían a de Campbell e a de Fox:

CampbellFox
1. grupo sacapulas1. dialecto costero suroccidental
2. grupo achí2. dialecto de las tierras altas suroccidentales
3. grupo quiché con diferentes variedades3. dialecto oriental
 4. dialecto oriental
 5. dialecto nordoriental
 6. dialecto norteño

Estatus sociolingüístico

As linguas indíxenas de Guatemala apenas están incluídas na política educacional e lingüística estatal. Debido os altos índices de analfabetismo entre as comunidades indíxenas, nos novos conceptos de alfabetización e escolarización concédese as linguas indias un estatus transitorio no camiño cara a “castelanización”, considerada necesaria.

As linguas autóctonas encontran certa consideración nalgunhas emisoras de radio, coma La Voz de Nahualá, Radio Landivar e La Voz del Oriente que emiten programas de instrucción ou alfabetización.

En resumen, as iniciativas públicas e estatais apenas contribúen a mellorar a situación das linguas indias, o mesmo pode decirse do Instituto Lingüístico del Verano, aínda que esta é a única institución que contribúe nunha medida considerable ó estudo destas linguas.

No ámbito do K'iche', coida deste aspecto a Asociación de Escritores Mayances de Guatemala, con sede en Quetzaltenango, asociada o Instituto Lingüístico del Verano. Sen embargo, a efectividade da mesma é moi limitada dende un punto de vista lingüístico, xa que está restrinxida a unha orientación relixiosa fundamentalista.

Bibliografía

Dalby, A. (1998), Dictionary of languages : the definitive reference to more than 400 languages, Londres: Bloomsbury.
Lewis, M. Paul (ed.) (2009), "Ethnologue: Languages of the World", Dallas: SIL. en: http://www.ethnologue.com/
Raga, F. (1995), "Introducción a la lengua y cultura mayas (Maya Yucateco), en De acá para allá: Lenguas y culturas amerindias: 2, Valencia: Universidad de Valencia.
Weisshar, E. (1986), "Notas de gramática quiché", en Revista Española de Antropología Americana, nº XVI, Madrid: Universidad Complutense de Madrid.